Victoria apoteósica en Lugo
O noso equipo junior viaxaba o domingo a Lugo para xogar contra Galén e voltou cunha traballada victoria na prórroga 59/62.
Cristian en ataque |
Viaxaba Manolo con só 7 xogadores dispoñibles, coas baixas de Angel e Alvaro, limitando moito as rotacións e o rebote defensivo. Así a falta de rebote fixo que mandaran de inicio dos capitalinos, pero o mellor xogo dos nosos fixo que tiveran cómodas rendas cun 18/24 ó descanso. Un fatal terceiro cuarto deulle ventaxa ós de Galén e chegouse a un final de partido igualado no que os nosos non materializaron a última posesión polo que todo se iba a decidir na prórroga.
Na prórroga a pesar de todas as adversidades , xogando varios minutos con só 4 xogadores, uns ataques ben realizados con tiros bel elexidos deron esta importante victoria.
Xogaron e anotaron: Rafa (5), Mario (4), Román (9), Cristian (15), Noel, Miguel (15) e Damián (14).
A vindeira xornada toca recibir en Burela ó Sagrado Corazón de Lugo, nun partido que o ano pasado foi moi igualado, polo que esperamos un bo espectáculo.Clasificación actualizada |